SANTALLA DE REI

FOTOS FOTOS FOTOS FOTOS
 
 
 

 

A ROMERIA DA SANTA LUCIA , EN SANTALLA DE REI,  A POBRA DO BROLLON

Fai setenta anos as festas dos distintos lugares que conformaban este territorio que ocupa hoxe en día..

Daquela nas aldeas vivia xente, en cada casa había entre cinco e nove irmáns que axudaban e desenvolvian a súa vida únicamente nestas parroquias, eiqui tiñan escola e as festas eran as dos redores, xa que o desprazamento nese entón era a pé ou en besta.

Acudian a vender o que producian nas suas leiras a pé ou como ben dixen antes nunha besta, ou con bois ou vacas rubias galegas, en bicicleta ou autocar ás feiras e vilas cercanas.

Todos se coñecian, coñecian o nome da casa a que pertencian ainda que fora de oídas.

As labouras do campo eran continuadas e inacabables, por iso moita xente marchara ao alen dos mares, facia trinta anos, e ainda que a praga de tuberculose foi forte e matou a moitos, esa xeracion dos anos coarenta era moita..

Das de Piño, dician que eran das máis fermosas do territorio REF. FOTO RECUERDO WEBPINO

Pero esta é a istoria da festa da Santa Lucía, onde cada 26 de setembro, todos sabian que habia unha xuntanza neste lugar onde se ia a xantar, cear e bailar ata as catro da mañan..

Todos levaban de comer, todos bailaban, as gaitas non deixaban de soar en toda a xornada...

Pois daquel entón, non fai tanto, tan só setenta anos, viñan dos seguintes lugares : Ribas Pequenas "seica eran moi bromistas" e tamén viñan  da Parte, de Probeiros, de Valverde, Cereixa, Fornelas, Pacios, Veiga, Eixón, Piño, Canedo, Outara, Laiosa, Guntin, Freituxe, Mosteiro, Saa.. partidas de mozos de cada un deste lados, de cada sitio trinta ou cuarenta, chegaban en burros que deixaban atados nos redores de silbas que rodeaban o lugar.

Nun carretón con dous cabalos e os seus catro fillos acostumaba a vir "O SILBA" , viaxante ben coñecido que vendía roscas e café os asistentes. Durante moito tempo acudiu as romerias de Pacios o San Froilan,de Ribas Pequenas os Remedios, de Camporrio a Parte O San Mateo....

Daquela e antes ainda non habia nin radio, non se coñecian as noticias, si habia guerra mundial ou non, eiqui non chegara ningunha información, na escola non o ensinaban.. eiqui souberon de guerras por implicación, tanto na civil española como na guerra en Africa do 21 que quedaran milleiros de galegos destes lares

Texto Peruchela 17/09/2014 Fe de erratas.

 

 

Fonte do texto: Elaboración Propia, Peruchela.

Santalla de Rei.foi durante moitos séculos, e sigue sendo,  o arciprestazgo de un montón de aldeas e parroquias pertencentes a tres concellos, Bóveda, O Incio e A  Pobra do Brollón.  

Festas:
Celebrábase a festa o 26 de setembro, había unha gran romaría onde ían a comer os veciños das aldeas do redor en familia. Era tamén costume a actuación duns titeres e actores teatrais chamados OS BARRIGAVERDES. Decidiron cambiala de fecha porque sempre lles chovía, a finais dos anos 70, para o penúltimo fin de semana de agosto, e dende aquela non volveu haber máis merendas. O pouco de cambiala de sitio O Pardo, que é un popular veciño desta parroquia, dixo que si lles chovía tiraba ca santa o río, e pasou que ese ano queimouse todo o redor do campo e quedaron sen luz e como os xeradores aínda non fixeran a súa presencia na zona quedaron sen festa, ese ano. A continuación houbo uns anos seguidos que tiveron grandes actuación musicais, tales como Karina ou Ana Kiro. Foron unhas das festas máis grandes da contorna.

 

Fuente: Diputación de Lugo

Santalla de Rei,
Feligresía que non figura na Guía Diocesana e que se encontra delimitada
polos termos parroquiales de Veiga  o Norte; Ferreiros e Castrosante
o Sur; e Pino e Eixón polo Oeste. No año 1991 contaba con 60 habitantes agrupados nas entidades de Reguengo e Ribeira, sendo a densidade media por entidad, para el mismo año, de 42'8 hab./Km2.

Fonte do texto: Guía do Concello Pobra do Brollon, 2000

Figura nos documentos antigos como Santalla de mouro queimado, ou Santalla do rei queimado que din os do lugar. Igrexa do século XVII, de dúas naves agochase entre as casas da aldea. Retablo de 1697. Festas celébrase a Santa Lucía o penúltimo domingo de agosto.