| |
Esta Web é froito do tempo que a súa autora lle adica dende
o ano 2004.
Uso o seudónimo de
"Peruchela",
ainda que me chaman Rocío. Son a última nacida na
miña aldea, despois de min, xa naceron no ambulatorio.
Criada no medio rural, fun ensinada a facelas tarefas cotidianas
daquel entón, mediados dos anos setenta. Muxir as vacas,
voltear a herba, ou sachalo millo e as patacas a man. Con
dezaseis anos marcheime á cidade e é ao cabo
de catorce anos cando
decidin voltar, e seguir traballando e axudando ao
desenrolo e continuidade
da vida nas aldeas galegas, da agricultura, gandería e
pesca, destes e
outros oficios.
A música que escoitas de fondo ao inicio pentence ao grupo galego Fia na Roca e o seu título é "Ou Sube a Terra ou Baixa o Ceo"
Estas páxinas teñen un alto valor
antropológico xa que conteñen fotografías e textos que amosan a
realidade humana actual das aldeas as que vou facendo mención, aspectos
biolóxicos e sociáis.
Nos comezos quixen plasmar nunhas follas
digitales información actual sobre a vida nas aldeas rurais
galegas, así como algo da súa historia, das súas
lendas e das tradicións chegadas ata os nosos días. Desde
un principio o obxectivo de incluír as tradicións galegas
estivo presente e así aos poucos, nos intres libres, fun e
sigo creando, e engadindo novos contidos . A matanza, a
horta galega as setas e as castañas, o mel do castro, o
viño e o augardente, o "carnaval galego" ENTROIDO, as meigas, a
elaboración artesanal do xabón, o pan galego, a sega dos
cereais, todos eles son contidos actuáis da Web ou aínda
en proxecto de elaboración.
Aínda que a idea primitiva desta páxina dedicaba unha
sección aos animáis domésticos e outra ás
profesións dos aldeanos, deime conta do campo tan amplo que
abarcaría e tiven que aprazar esas seccións. As
tradicionais profesions ruráis desapareceron. Na
actualidade non hai modistas, nin ferreiros, non existen zapateiros,
carpinteros ou barbeiros e nin sequera curandeiros. Os
profesionáis destes sectores concentráronse nos
núcleos poboados máis importantes deixando abandoadas as
aldeas destes servizos na medida en que os medios para desprazarse
aumentaban; así nos anos oitenta fóronse xubilando e
abandonado a profesión os últimos representantes das
profesións das aldeas. Neste momento as únicas
profesións relacionadas co medio rural son as de ganaderos,
viticultores, granxeiros e agricultores que se manteñen por ser
elementos da cadea que garanten a supervivencia.
Con respecto aos animáis domésticos o cambio foi tamén brutal nos
últimos 50 anos, pero aínda existe un mundo paralelo ao dos humanos.
Canes e gatos andan soltos e son os amos nas noites, facendo á vez de
vixías e avisando cos seus sons de presenzas indeseadas ou estranas. A
estes seres tamén se lle merece dedicar un espazo e nun futuro estará
incluído nesta Web.
Co título de aldeas galegas quixen unificar as ideas que se
atopaban dispersas en bocetos online publicados desde o ano 2004 e que
recibiron máis de 45000 mil visitantes de xentes de todos os
lugares do planeta. A finais de febreiro
aldeasgallegas.com cumpliu dous anos, e
recibe cinco mil cincocentas visitas mensuáis aumentando o
número ata acadar os oitomil visitantes no mes de maio
2010.
Visitar aldeas, fotografalas, expoñer as súas fermosas paisaxes. Acudir
a eventos que se veñen celebrando cotidianamente, deixar constancia
escrita e fotográfica deles para mostrarlles aos visitantes desta Web
algúns dos momentos de lecer ou "pasatempos" dos habitantes do pobo
galego, foi outro obxectivo para min e continuarao sendo mentres se me
permita. Usar este medio de comunicación para facilitarlles respostas a
todos aquelas persoas relacionadas con Galicia, emigrados, os seus
fillos, netos, bisnietos....que globalmente usan buscadores para
intentar atoparlle unha resposta a unha pregunta sobre as súas orixes.
En fin, non me estendo máis. Só dicir que a calquera que
queira colaborar comigo, que desexe que a súa aldea figure en
está páxina, cun pequeno resumo e unhas cantas fotos,
pode enviarmo persoalmente e agradecendo a colaboración,
ireino engadindo aos poucos, A min soa é-me
imposible engadilas todas, nin sequera consigo abarcar as que
teño ao meu inmediato redor. Non vivo disto, co cal
o tempo que teño para dedicarlle a estes menesteres é
escaso.
- ¡ Grazas !!! Pola atención recibida. Contacto "Peruchela"
|