volver a páxina principal


 

Txt. Peruchela

Cada 19 de xaneiro véspera do San Sebastián, ás sete da tarde  os veciños das 16 Parroquias coas  86 aldeas que conforman o territorio de Castro Caldelas acollen a festa dos FACHÓS

Esta celebración pérdese no tempo e a súa orixe  pódese remontar á costume herdada dos seus mais lexáns antepasados castrexos. 

Outros vinculan  a orixe á lenda de cando San Sebastián ser perdeu no territorio e tiveron que saír a buscalo  de  noite.

Castelo de Castro Caldelas

Os veciños diríxense o Castelo, portando os fachós encendidos que logo deixan diante da igrexa formando unha gran fogueira. As estreitas rúas que chegan ata él están compostas por casas que seguen mantendo o estilo arquitectónico tradicional ata nas novas vivendas,  asentadas sobre as penas.

 

O redor desa gran fogata diante da igrexa dos Remedios, tódolos participantes e asistentes comen chourizo da terra con viño da súa  ribeira Sacra e a bica mantecada , típica desta zona que recibe a súa particular homenaxe polo mes de xullo  acompañada polo exquisito licor café que tamén se elabora eiquí.

Os  fachós de palla para os portadores individuais teñen entre un e dous metros de lonxitude, pero o protagonista é o gran fachón, cabeza do grupo que no 2001 chegou a superar os 48 metros e que máis de 20 homes se encargan de levar sobre as forquitas.

Cómo nas últimas décadas xa non se se sembra practicamente cereal,  non se malla,  e moito menos a man; o concello solucionou o problema comprándollelo palleiro a un particular que continuaba coa tradición. Grazas a esta festa as sembras de centeo seguíronse facendo, xusto cando estaban a piques de desaparecer.

O pasado medieval refléxase por todo o territorio  desta comarca con numerosas ermitas e mosteiros como San Paio  e Santa Tegra da Abeleda, que unha vez estando eiquí non se poden deixar sen visitar.

 

RECOMENDA ESTA PAXINA

cerámica Galega

INTERIOR CASTELO CASTROCALDELAS

PUBLICIDAD@aldeasgallegas.com


Fe de erratas

ideas Blog Contacto   © Peruchela 2005-2015. Se permite el uso no lucrativo de los materiales de esta Web citando su origen.