imagenes representativas de Galicia


 

Deseño, Texto e Fotos: Peruchela

PDF INFORMACION SOBRE COLEXIOS PUBLICOS GALEGOS

FIN DE CURSO

Hai en Galicia moitos colexios ruráis. Éste é un máis.

XUÑO FIN DO CURSO ESCOLAR  -  VACACIÓNS DE VRAN - POLIDEPORTIVO PARA CAMPIONATOS E XUNTANZAS -

 ENLACE A  C.E.I.P. DE  POBRA DO BROLLON. WEB DO CENTRO

 colegio publico

O COLEXIO PÚBLICO DA POBRA DO BROLLON

Nos anos setenta inauguróuse o colexio público da Pobra do Brollón para os nenos de  tódalas aldeas do concello. Anteriormente as escolas estaban  nas  parroquias .

O colexio da Pobra conta con 12 aulas que dan cabida a máis de 30 cativos cada unha.

Ata finais dos anos 80 a media de estudantes era de 300 nenos que ademais contaban con comedor escolar.

O recinto escolar está formado por dous edificios máis que estaban adicados a darlle acollida os mestres vidos doutros lugares de Galicia e que se quedaban durante a semana a vivir. Na actualidade está  en uso nada máis que un destes apartamentos que  alberga  a sede da APA os demáis necesitan dunha inversión en restauración para recuperar as súa funcionalidade.

O descenso da poboación, a emigración, o cambio de modelo educativo e ademais o desprazamento de nenos dende as aldeas a o centro urbán   fai que o alumnado  pase a ser de pouco máis de 40 nenos.

Estes nenos contan con instalacións polideportivas construídas nos anos oitenta e reconstruídas no 2011,  parque infantil no patio, aula de informática e biblioteca.

Entre as actividades que se desenvolven o longo do ano están:

Xornadas medio ambientais, de igualdade do xénero, micolóxicas onde se sae o entorno para a recolleita e exposición de cogomelos, magosto, festival de Nadal,  Entroido con compadres e comadres, semana das letras galegas con romaría popular , exposicións , festa de fin de curso, e outras conmemoracións.

Outras participacións do colexio: Innovación lingüística e programa Valora.

OBRADOIROS DE TEATRO ,MUSICA E PLÁSTICA

Outras actividades

Elaboración da revista OUTEIRO que xa leva mais de 20 anos.

Competicións deportivas internas,  concursos didácticos, conferencias e charlas, actividades organizadas pola APA e en colaboración coa consellería de cultura do concello e  plan de dinamización de lectura.

O pertencer este colexio a zona de montaña o comedor escolar e o transporte son gratuítos.

PÁXINA ELABORADA POR ROCIO RGUEZ,  (ALUMNA DO COLEXIO  1978 -1987)

Dende esta páxina animo a todos aqueles compañeiros de escola que se foron a vivir a outro lugar  e que teñen fillos  a voltares a vivir eiquí  xa que a calidade de vida dos seus fillos seguro que se ve mellorada así como a súa propia. Tamén animo a outras parellas que viven en grandes cidades e que  non están contentas  a que se veñan a vivir a Galicia en concreto o noso concello da Pobra do Brollón onde hai moitisimas casas en venda por poucos cartos e onde o traballo pódese xerar.

 

 

detalle do cierre do colexio

FIN DE CURSO 2011

FIN DE CURSO DO COLEXIO DA POBRA