Txt., Diseño e  Fotos: Peruchela

XXII MOSTRA DO VIÑO DE PANTON   D.O. RIBEIRASACRA

 

  Por cortesía da TV de Chantada, Televinte, e  grazas ao enlace público que a canle puxo en Youtube podemos dende esta Web engadir o video que realizaron para cubrir o evento.

Aquí Galicia  programa da TVG desprazouse  ata Pantón a retransmitir o programa da semana. Podedes acceder a él completo fincando sobre as letras azuis suliñadas.

  O Folclore tradicional galego tivo o seu oco  da man da Banda de Gaitas O Castro, de Pantón; das pandeireteiras da Agrupación Suasairas, de Chantada; da charanga de Sarria, Madialeva e da Agrupación Folclórica Levamos, de Monforte de Lemos.

Enlace a: Albume de Fotos de "A Voz de Galicia"

 

 Nesta XXII edición da Mostra do Viño de Pantón, a xornada do sábado  normalmente menos multitudinaria, estivo máis animada grazas a esta retransmisión en directo da TVG

O viño é o protagonista  das Mostras que se fan anualmente durante un fin de semana. É imprescindible acercarse ata eiquí  para degustar e comparar os sabores e arumes  dunhas e outras adegas a hora da elaboración dos caldos.

Nas liñas seguintes describo o que non está demáis en coñecer e que está ao alcance de todos durante todo o ano.

Popularmente sabemos que a repostería das monxas en todo o mundo é unha das máis celebradas. A tradición nesta abadía cirteciense remóntase a máis de tres séculos da repostería das monxas Bernardas,  constituindo un dos principais modos de sustento para a comunidade. Antigamente eran vendidos  a traveso dos tornos que axudaban ás irmans a manter a separación física do mundo exterior que lles esixia a regla de san Benito.

Unha realidade viva ainda hoxe segue a ser motor da súa economía grazas aos exclusivos ingredentes naturais,  ao cariño e dedicación na súa elaboración.

Tartas de almendoa seguindo estas receitas do século XVIII ou anterior, as "Golosas" endulzadas coa mel que elas mesmas recolectan, os coquiños ou as galletas salgadas.. todo elo conformando unha variedade de sabores axeitados para todo tipo de esixencias de paladares

 

A ruta do Románico, outra dos principais motores económicos de Pantón que xunto có viño fan desta terra o lugar de Galicia a onde calquer visitante que presuma de haber estado na terriña non pode deixar sen ver.

O Mosteiro Cirterciense tamén chamado San Salvador é un dos que conforman a Ruta do Románico de Pantón , declarado Monumento Nacional. Foi ó único da Ribeira Sacra que nunca foi abandoado.

 SARCOFAGO

A talla de madeira  que vemos á dereita pentence a unha réplica da Santísima virxe de Ferreira de Pantón que foi atopada fai corenta anos nunhas obras de consolidación da tribuna do templo. Remóntase en antiguedade  ao século XII e é de estilo románico-bizantino

O templo a parte máis antiga e artística do conxunto do século XII de gran riqueza ornamental, contén dous sarcófagos pertencentes a nobles góticos D. Diego e D. Lope de Lemos condes de Amarante.  A nave da igrexa anexa posúe un faiado tallado en madeira de gran valor artístico.

 

 

 

icono aldeas galegas

     

 

 

 

FESTIVAL DO CASTRO

 

GALAECIA E O MUNDO CELTA

PULPO A LA GALLEGA

Peruchela, autora da Web

amigos nos viños

Marcelino o carpinteiro

IRIA CID.. EN PANTÓN

 pandeireteiras da Agrupación Suasairas, de Chantada;

Agrupación Folclórica Lemavos

VIRXE DE PANTON

 

 

 


Acerca da autora

Fe de erratas

ideas Blog

Contacto  

© Peruchela 2005-2015. Se permite el uso no lucrativo de los materiales de esta Web citando su origen.