English French      
 

Jose M. López Veiga Gerente Lacteos Veigaria

 
Fotos ,  texto e deseño:  Peruchela 

     FEIRA ETNOGRÁFICA DO INCIO

 Os obxectos, visitantes e veciños, nesta feira do primeiro domingo de setembro,  amosan vistosamente a raza de xente que habita estos lares.

       Eiquí nace a feira etnográfica do Incio; por quinto ano consecutivo tivo lugar este evento ao que se lle uniu gran cantidade de artesáns doutras disciplinas aparte da homenaxeada para a ocasión. Este ano a madeira e a cestería contaron con  representantes dos redores que nos ofreceron os seus traballos convertidos en arte, recordos do pasado recente das aldeas.

     O empuxe dos novos emprendedores respírase no Incio, nos postos da feira atopábanse negocios consolidados como o do Porco Celta  con outros novos que abriron este ano como Adegas Terra Brava, que cultiva os viñedos en terras de Amandi e Lácteos Veigaria que fabrica iogurt e queixo fresco con receita tradicional e que esta asentado na parroquia de Rendar.

programa actos 2013

Nesta edición os visitantes tamén tiveron a posibilidade de adquirir galiñas de Mos que tan gran fama teñen . Os postos para comer o polbo estiveron ata a tardiña baixa dando racións e outras ofertas do programa tiveron gran acollida entre o público. Os máis nenos disfrutaron có taller de cestería e os maiores ollando a tala dunha arbore.

 

Prendas de  tear tradicional  feitas por Nati do concello de SAMOS

ALGÚNS TELF. INTERÉS ARTESANS

Madeira: José Mª Ares 667924162

Cesteira: Carmen Fieiras 630 58 68 25

Xoguetes- Antonio Fdez 650913224

Crisobitas 654800365

Tallista. Manuel Fdez 666 20 67 32

Barricas Madeira Jesús García 670015475

     O Concello do Incio ten unha superficie  aproximada aos 147 km2 repartidos en 28 parroquias cunha poboación que pouco pasa dos dous mil habitantes. Cada día 22 de mes celébrase na capital do concello A Cruz do Incio a feira  onde acuden veciños e amigos a comelo polbo ou mercar algúns dos productos que se ofrecen.

    Pese a ser poucos, son xente ben avenida e son numerosas as actividades lúdicas que deselvolven durante o ano.

     Neste 2013 celebraron a I edición do Rally Turístico Terras do Incio, a volta ciclista as comarcas de Lugo tamén pasou por eiquí na sua 6ª etapa e ademais houbo xornadas informativas sobre gandería e agricultura ecolóxica.

     En Goo, para a degustación do porco Celta este ano fixeron un festival onde tiveron como convidada a xente da Bretaña e grupos de Gaitas de alí, tamén de Sarria e de eiquí, do Incio. Os máis veterans, os maiores celebraron a xuntanza anual na festa dos Avós e a familia evento onde se homenaxea aos asistentes máis maiores e que vai camiño do 25 aniversario.

 

FOTOS DO EVENTO

ENLACES RELACIONADOS

PORCO CELTA DO INCIO FERRERIA E HOSPITAL       VALLE DO MAO   CASTRONCAN    FERRO   PEDRA

                                                                          @Peruchela 2005-2015