A fertilidade das terras de Outara
son recoñecidas entre as xentes das parroquias
colindantes. Os seus precursores habitantes
castrexos foron veciños de ideas e
costumes durante décadas dos contemporáneos
poboadores dos castros de Freituxe, Canedo e Piño.
As huellas romanas non
se percatan en Outara pero unha ruta a pe diríxese
a Viduedo onde si hai certezas da súa pasada
presencia, relacionada coa ruta do ferro.
A igrexa, capela de
san Francisco, do século XVII conta cun retablo
renacentista. As paisaxes que a rodean son dignas
de admiración.
Os restos das antigas
construccións no núcleo do pobo dan testemuña dun
explendor e dunha historia pasada importante.
Como noutros lugares da Galicia
Rural, algúns emigrados voltaron e arranxaron a antiga
casa familiar ou mercaron unha en semi- ruinas
para restaurar e pasar os derradeiros anos de vida na
tranquilidade, liberdade e bó ambente deste tipo de
núcleo poboacional.
As festas celébranse na honra a
virxe do Carme, antes o 16 de xullo e na actualidade o
primeiro domingo de agosto.