Autor : Peruchela

 Fuente: Biblioteca da autora

O SAN XOÁN - CONXURO DA QUEIMADA

 As festas cíclicas son celebradas en toda Europa dende a Prehistoria, en canto o home tomou conciencia do significado agrario das estacións

Nun esforzo cristianizador pasouse a festa do solsticio de verán á noite do día de San Xoán. As xuntanzas que por este motivo se fan en cidades e aldeas galegas son centos. Sardiñadas, pancetadas, preceden ás queimadas preparadas mentres se recitan o unísono os conxuros. A noite máis curta do ano é noite de meigas. O lume a arma pra loitar contra os males. Saltar a fogueira un número impar de veces é unha tradición esta noite. E o mencer a auga cobra tanta importancia como o lume, xa que lavarse coa auga de rosas deixada ao orballo esta noite é o remedio das enfirmidades da pel e manter a beleza.

 En Coruña O SAN XOAN é festa de interese Turístico, en SARRIA e Noite de Meigas e nas praias de SANXENXO ou LOURO e outras, a TRADICION do baño das nove cordas que toman as mulleres que non poden ter descendencia.

 

 

ENLACE A GALERIA DE IMAXES

 Rosas Benditas no Barrio dos Chaos en San Xoan fotografos grupo folclore Murcia LEVAMOS

                 No Club Fluvial de Monforte e nos barrio do Chaos recibiuse a noite de San Xoán

O baile tradicional foi o preámbulo da fogata que có motivo da celebración da noite máxica de San Xoán se celebrou na cidade do Cabe. Un grupo de música e baile tradicional murciano intercalou pases con outro grupo de música e baile tradicional galego. No barrio, unha misa dende o palco da orquestra pra os asistentes onde bendiciron RoSas que logo repartiron entre as mulleres presentes. Deseguido a repartición de rosca, tamén bendita e típica deste día, que brindaron un grupo de veciños dos CHAOS, a todos os que se puxeron na cola pra recollela.

 

  

 

 

 

 

O salto da fogata despertou unha gran expectación, unha particularidade que se pode apreciar nalgún dos videos é como algunhas persoas acércanse á fogata cun papeliño na man que arroxan con fé e ganas ao lume. Din que para alexar a alguén ou a algo que queiras afastar da túa vida para sempre, as de facer este ritual nesta noite. E son moitos os que o creen. A festa rematou coa música de Anagrama, onde as clásicas parellas bailaron ao compás ata altas horas da madrugada. Ao chegar á casa, moitas votámos as rosas benditas nunha palangana con auga ao orballo, para como é costume previr enfirmidades da pel según conta a tradición.

 

 

 

 

     

 

mar galego o noso mar - Virxe do Carme patroa da Mariña

COÑECE GALICIA

VENDO PUBLICIDAD PARA ESTA PAGINA

SINDICATO LABREGO GALEGO

Paseos a Cabalo

Bucho Rubio Mamando, na aldea

GALICIA TERRA MAI DOS GALEGOS EMIGRADOS POLO  MUNDO ENTEIRO


 

Fe de erratas

 

Contacto  

© Peruchela 2005-2014. Se permite el uso no lucrativo de los materiales de esta Web citando su origen.