volver a aldeas gallegas


O VIÑO (Fonte: Web do Concello de Sober. Traducción, Fotos e Deseño:  Peruchela            

ADEGAS      REPORTAXE 2014   REPORTAXE 2015  Cata - Selfies-

Amandi é a historia dun resurxir continuo, dun negarse a perder a batalla. Amandi é o sudor e a esperanza dunha xente convencida de que o futuro tamén pode ser seu. Iste futuro, empezouse a escribir  cando un grupo de veciños  decidiu revitalizala antiga feira de gando do domingo de Ramos; pero como xa naquel entón a agricultura do municipio e incluso da comarca, estaba en decadencia pensouse en ofrecer un reclamo máis para traer máis persoas ata Sober, por elo invitouse aos colleiteiros de viño da zona de Amandi a que trouxeran a capitalidade do municipio unha pequena mostra dos seus caldos.

Os 32 litros de viño que se xuntaron para a desgustación esgotáronse moito antes do previsto e coa lección aprendida ao ano seguinte organizouse tamén o domingo de Ramos unha segunda feira centrada unicamente no viño. O Concello comprou 3000 botellas a 125 pts cada unha que logo vendeu dende as propias fenestras da casa consistorial.

Os viticultores, que ise mesmo ano de 1982 estaban vendendo o litro de viño a 60 pts, empezaron a creer no proxecto que hoxe aporta pingues beneficios a unha zona que obtén do viño os principais ingresos.

A "Feira do Viño de Amandi" celebrouse dende entón ininterrumpidamente o fin de semana coincidinte có  Domingo de Ramos e a súa organización corre a cargo da Delegación de Cultura do concello de Sober.

Os viños "Amandi" colleitanse no sureste do municipio na ribeira do Sil.  A súa orientación unida ao microclima mediterráneo desta zona e o cultivo en bancales así como a  utilización de variedades de alta calidade fixeron merecedor de numerosas medallas a nivel internacional, ademáis de aparecer recomendado nas mellores guías gastronómicas.

Dende septembro de 1996 teñen denominación de orixe, ao ser una das cinco subzonas da Ribeira Sacra xunto a Ribeiras do Miño, Ribeiras do Sil, Quiroga-Bibei e Chantada.

Por parroquias, o Amandi, colleitase en:  Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo, Bolmente e parte de  Anllo San Martiño e Anllo Santo Estevo. En total son 200 hectáreas de viñas, repartidas entre algo máis de 300 viticultores, e con 29 adegas  inscritas no Consello Regulador.

 

COINCIDINDO COA FEIRA MENSUAL DO DIA 12, EN AGOSTO....

                      FEIRA DA ROSCA DE SOBER

    Cada parroquia, cada aldea galega ten a súa propia historia e case sempre algunha tradición autóctona que a diferencia das outras.

    A Olería, a Banda de Gaitas ou o Viño  en SOBER son  tan importantes como a Rosca. Podemos  ir a comprobalo acudindo,  coma moitos outros curiosos,  ata esta localidade cada ano o día doce de agosto.  Os cativos teñen a oportunidade de disfrutar  dunha xornada especial  facendo eles mesmos a afamada Rosca.     

ROSCA DE SOBER

 

 

 

concello de SOBER

icono aldeas galegas

 

     

 

 

BLOG

 

 

 

 

 

 

E DE ERRATAS   ACERCA DO AUTOR  CONTACTO     © Peruchela 2005-2015. Se permite el uso no lucrativo de los materiales de esta Web citando su origen.