Fotos, Txt. e Deseño:  Peruchela   

XXV EDICION FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

Ao longo dos trinta dias anteriores ao da  celebración da Feira do Viño de Amandi, que culmina o seu día grande o domingo de Ramos, unha morea de actos relacionados co seu viño  teñen lugar en terras soberinas e fóra delas, días coñecidos xa có nome de "Mes do Amandi".

      Partindo da presentación oficial do cartel gañador elexido para ser a imaxe da feira do ano, nesta ocasión gañadora unha licenciada en Belas Artes, profesora de Pintura e Restauración, Andrea Rguez López de Monforte, que ademáis viña de gañar o concurso de carteis da 19ª Mostra Internacional Xantar,  mostra á que o concello de Sober contou con Stand promocional desta edición da feira e onde se desgustou o Viño de Amandi con Galo de Corral de Vila de Cruces.

Foi transcurrindo este mes do Amandi con concerto de Arpa, Olga Benito foi a interprete escolleita polas Xuventudes Musicais de Sober para a ocasión, tamén houbo unha xornada técnica organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, unha retransmisión da Radio Galega, "Come e Fala" dende a Praza do concello, remantando os actos  do mes cunha Xornada de Maridade, Viño de Amandi con Meluza do Pincho  na Escola de Hostaleria de Rosende da Fundacion Belarmino Fdez, que contou coa colaboración do Porto e da Cofradía de Pescadores de Celeiro.

A apertura oficial da feira foi a cargo de representantes da Adega Malcavada de Rosende  en lembranza do seu fundador Antonio Vazquez López,  xunto o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias logo o grupo de danza tradicional AGADIC . Durante toda a maña o preparativo para a retransmisión en directo do programa da TVG "Aquí Galicia" que se levou a cabo entre  as catro e media e as sete da tarde. , Eiquí o numeroso público que acudiu a esta primeira xornada de Feira puido ver en directo   unha desmostración do tintado e esmaltado da oleira de Gundivós,   unha explicación da elaboración da afamada rosca soberina  a actuación do grupo de Danza Tradicional Lemavós ou de  Iria Cid entre outras entrevistas e actuacións . A xornada rematou coa música da Banda de Sober, da Charanga MadiaLeva e do grupo Os Festicultores.

Sobresainte foi a gran tarefa divulgativa e participativa,  partindo do seu alcade Luis Fdez, que   se fixo nesta XXXV Edición da Feira do Viño en canto a promoción do evento e a difusión pública nas redes sociais  Twiter e Facebook  do Concello. As novas tecnoloxias posibilitaron unha participación cidadana masiva en todos os momentos da edición  destacando os concursos de Carteis, Pegatinas e quizais o mais  imnovador o de Selfies cabe comentar ademáis a posta en marcha no dial 107.3 da FM da radio Municipal.

Inaugurada a Feira do Viño en Sober

Posted by Aldeas Gallegas on Sábado, 28 de marzo de 2015

 

As once e media  do Domingo 29 de marzo, mentres na igrexa parroquial se bendicían os Ramos na sala de catas do centro Sociocultural celebrábase a Cata Oficial para logo e xa con todo o público e autoridades presentes na plaza do concello o Pregón a Cargo de D. Enrique Cerezo Torres destacado productor e distribuidor cinematográfico  ademáis de presidente do Atletico de Madrid.

Está a vista nas imaxes,  centos de persoas, catan os viños desta terra e dan testemuña ano tras ano da súa calidade. En cada edición aumenta o número dos que se animan a visitar Sober, as súas Parroquias, lugares e Adegas.

Panoramica xeral do público na XXV edición Feira do Viño de AMANDI

         http://aldeasgallegas.com/blog/?p=924

  MARCELINO O CARPINTEIRO DA RIBEIRA SACRA - MOREDA MONFORTE

 

 

 

 

 

DOMINGO DE RAMOS E LOGO FEIRA DE AMANDI

POLITICOS por Gentileza de PERUCHELA

Raquel Arias, Luis Fdez e Enrique Cerezo entre outros na XXXV edicion da Feira do Viño de AMANDI

cesteria de SOBER

FE DE ERRATAS              ACERCA DO AUTOR               CONTACTO      © Peruchela 2005-2015. Se permite el uso no lucrativo de los materiales de esta Web citando su origen.