PUBLICAS DE INTERESE XERAL

En terras de Quiroga, no sitio de San Salvador de Hospital atópase un dos conxuntos arquitectónicos máis relevantes da zona sur lucense.

A chamada casa de Tor (Torre), cuio orixe remóntase ao seculo XVI. A casa da Encomenda ou casa da Condesa , a igrexa de san Salvador e a Capela de San Xoán unha xoia prerrománica do seculo X.

Centro de acollida e descanso dos peregrinos que  naquelas datas do ano 1275 escollian o camiño de inverno para achegarse a Santiago de Compostela, rexentado polos cabaleiros da orde Hospitalaria e Militar de San Xoán de Xerusalen, converténdose logo en encomenda.

A Igrexa de S. Salvador do Hospital conta con tres naves  comunicadas por arcos de medio punto, dispón dunha abside rectangular de estilo románico que consta de dous treitos que se abren ao exterior por dous pares de contrafortes. No pavimento hai varios sepulcros de cabaleiros, esta abside recibe o nome de capela de San Xoán dos Enterramentos ou da Comunión. Eiquí   atópase ademais un altar nomeado dos neofitos que se empregou como mesa por parte do tribunal que se encargaba de admitir e  nomear aos cabaleiros  membros da orde de S. Xoan.

A carón da igrexa atópase a casa de Carballedo do século XIX, con escudo e inscripción " Sen Deus todo e  vaidade"

Deseguido está a casa da Torre o de Tor, que contan foi fundada por un cabaleiro francés que veu loitar contra os  musulmáns. O que se pode apreciar hoxe é  un edificio do século XVIII con tres andares e dous escudos na fachada norte.

Preto deiqui, pódese contemplar outra igrexia do segulo XVII, Santa Maria da Hermida,na que foi encontrado no seu altar no seculo XIX unha das pezas de arte paleocristiano mais importantes de Galicia. O Crismón de Quiroga.

Igrexa da Hermida, onde se atopou  o Crismón de Quiroga

Viñedos R.O. Ribeira Sacra -QUIROGA

@Peruchela

@Peruchela

@Peruchela

Páxina realiza por Rocío Rguez "Peruchela.

Fotografías tomadas no día 131214 ,  entierro de D. Manuel Losada Mondelo, Manolo casa Barroso (Piño) oriundo destas terras, , cuio sepelio se realizou nesta igrexa parroquial de S. Salvador de Hospital.

  Bibliografia escritos publicados por la asociación Río Lor, artigos e  e carteis públicos de interese para a autora desta Web para a realización desta páxina de Difusión do Patrimonio Galego.

 


Fe de erratas

ideas Blog

Contacto  

© Peruchela 2005-2015. Se permite el uso no lucrativo de los materiales de esta Web citando su origen.